Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 7 de setembro

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das seguintes actas plenarias:
Sesión extraordinaria constitutiva do día 13 de xuño de 2015 (núm. 10/15)
Sesión extraordinaria do día 6 de xullo de 2015 (núm. 11/15).
Sesión extraordinaria do día 13 de xullo de 2015 (núm. 12/15).
2. Proposta da alcaldía sobre determinación de festivos locais para o ano 2016.
3. Dar conta do informe de intervención xeral sobre a situación orzamentaria ao abeiro do artigo 8 das bases de execución do orzamento de 2015.
4. Proposición do grupo municipal do BNG relativa a reforma do Regulamento Orgánico do Pleno.
5. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á actualización da ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública.
6. Proposición do grupo municipal popular sobre a adopción dun pacto institucional sobre as infraestruturas.
7. Proposición do grupo municipal popular sobre a colaboración do concello para facilitar as visitas a edificios de carácter histórico e cultural.
8. Dar conta de escritos dos grupos políticos municipais, designando representantes nas distintas comisións de informe, estudo e proposta de carácter permanente e especial.
9. Dar conta de decretos de dedicacións exclusivas e parciais, e de persoal eventual.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Compartir: