Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 29 de setembro

11.15 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e a de Deportes, Noa Morales, presentan un evento de axuda aos refuxiados que terá lugar o vindeiro domingo 4 de outubro. Na rolda estará a organizadora, Elena Escrich, e a responsable de Médicos sen Fronteiras, María Díaz.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar a andaina en favor de Unicef.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe á Asociación de Traballadores por Conta Propia de Galicia.

18.00 h
No CEIP Pío XII, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnese, xunto coa oficial da Policía Local, Diana Parente, coa ANPA do centro para seguir avanzando na posta en marcha do programa Colecamiños. Tamén se lle fará un pequeno agasallo ao neno que elaborou o debuxo imaxe da campaña.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños A Xuntanza.

Compartir: