Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para mércores 23 de setembro

11.00 h
No Pazo de Raxoi (Presidencia da Xunta), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á sinatura do convenio de colaboración para o desenvolvemento e execución das actuacións de conservación e restauración derivadas do plan director do conxunto catedralicio de Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Mobilidade, Xan Duro, para presentar a campaña Camiño escolar seguro "Colecamiños!"

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Mocidade e de Políticas Sociais, Noa Morales e Concha Fernández, para presentar o I Congreso Galego de hip-hop.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELGA). Declaracións ás 13.15 h aprox.

14.45 h
Na Policía Local, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, felicita aos membros da Policía Local do turno de tarde polo seu traballo durante a tractorada.

19.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación Esperta Conxo.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Mestres e Laureados’, concerto dentro do Festival Internacional Peregrinos Musicais. Con Ilona Timchenko, piano; Diana Poghosyan, violín; e Amelia Ónega Otero, clarinete.

Compartir: