Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 18 de setembro

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar a seguinte proba do IV Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Na rolda tamén estarán Isidoro Hornillos, presidente da Federación de Atletismo de Galicia, e o delegado en Santiago, Iván Sanmartín.

11.00 h
O concelleiro Rafael Peña visita, xunto co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o CEIP de Roxos. (Rúa da Barrosa, 74, Villestro, Roxos).

11.30 h
Na rúa Cardeal Payá, núm. 18 (Praza de Mazarelos), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participan no acto de homenaxe que a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) lle rinde a Francisco Giner de los Ríos con motivo do centenario do seu pasamento. Cúmprense 132 anos da súa visita a Santiago de Compostela con motivo da Excursión Pedagóxica organizada pola Institución Libre de Ensinanza, entre o 14 de xullo e o 2 de outubro de 1883.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local. Na rolda tamén estará a concelleira María Rozas para presentar a "Declaración de Zaragoza".

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe á deputada do Parlamento de Uruguai Lilían Galán.

16.30 a 20.30 h
Na praza Roxa comezan as actividades da Semana Europea da Mobilidade, organizada pola Concellería de Espazos Cidadáns, cunha exposición de vehículos eléctricos.

18.00 h
Na praza Roxa, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, visita a exposición de vehículos eléctricos, programada dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade.

20.00 h
En San Pedro (no xardín da Zona C), concerto da Real Filharmonía de Galicia de presentación de temporada de abono Auditorio de Galicia-RFG. Dirixidos por Bram Sniekers interpretan obras de Mozart, Beethoven, Grieg, Rossini e Mendelssohn. (En caso de choiva será na Igrexa de Bonaval).

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Noiteboa’ de Redrum Teatro. Con Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo e dirixidos por Alex Sampayo.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de The Cyborgs + grupo convidado dentro do ciclo Blues Nite.

Compartir: