Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de agosto

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e do director do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, Pela del Álamo, para presentar "Noite curta" e anunciar a presenza no certame dun director multipremiado en Cannes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
En Vite, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños Monte de Deus. Punto de encontro: marquesiña da rúa Vite de Arriba.

19.30 h
Na praza da Quintana, Maintomano presenta "Ekilibuá" (circo, equilibristas) dentro do festival Verán na Rúa. Este espectáculo forma parte do circuíto cultural e de lecer Cultura no Camiño, promovido pola Xunta de Galicia con motivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e conta co patrocinio de Turismo de Galicia e Agadic.

Compartir: