Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 13 de xullo

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Réxime de indemnizacións e dedicacións exclusivas dos membros da corporación.
2. Debate e proposta para que xunta de goberno adopte o oportuno acordo sobre a fixación do número, retribucións e características do persoal eventual.
3. Debate e proposta para que xunta de goberno adopte o oportuno acordo sobre o nomeamento de representantes en organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, empresas públicas, sociedades mixtas e consellos sectoriais de actuación municipal.
4. Debate e proposta para a fixación da presidencia efectiva das comisión informativas
5. Proposta da alcaldía ao pleno sobre a fixación do número de representantes no Consorcio e nos Consellos da capitalidade, económico e social e sectoriais.
6. Proposta da alcaldía ao pleno sobre a creación e composición da comisión asesora do Casco Histórico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o Programa de apoio socioeducativo verán 2015 e unha nova actividade dentro do Programa de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e prevención de drogas.

20.30 h
No Salón Teatro, concerto de Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid dirixido por Flavio Mahúgo e co contratenor Flavio Ferri-Benedetti, baixo o nome de ‘As bágoas do anxo. Arias de ópera e cantatas de Haendel e Vivaldi’, enmarcado dentro do festival Via Stellae.

Compartir: