Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible en funcións, Teresa Gutiérrez, para presentar as actividades con motivo do Día mundial do medio ambiente.

11.00 h
En Área Central, a concelleira de Comercio e Turismo en funcións, Reyes Leis, inaugura a VI edición do Festival de Patchwork.

11.30 h
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible en funcións, Teresa Gutiérrez, participa na limpeza de inertes do río Sar (nun tramo de 600 metros dende ponte do Sar en dirección parque de Belvís), con motivo do Día mundial do medio ambiente. Punto de encontro: explanada da Colexiata de Sar.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, co que se pecha a temporada de abono. Dirixidos por Paul Daniel interpretan, entre outras obras, a Quinta Sinfonía de Beethoven. Previamente, ás 20.15 h na Sala Mozart, Conversando con… Paul Daniel.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Fred Martins dentro do ciclo Sons’15.

21.00 h
No Salón Teatro, Redrum Teatro presenta ‘Amor flexible’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Compartir: