Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 26 de xuño

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación Compostela Territorio Musical.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes da asociación Ultreia LGTBI. Ás 11.15 h baixarán á Praza do Obradoiro para presenciar o acto de izado da bandeira multicolor no Pazo de Raxoi con motivo da celebración o 28 de xuño do día do Orgullo LGTBI.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: