Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de xuño

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, a presidenta de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), Maite Isla, e o activista Hassanna Aalia, manterán un encontro cos medios de comunicación para dar a coñecer o caso da nai saharauí Takbar Haddi, en folga de fame para reclamar o corpo do seu fillo. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegarase a saudar aos membros de SOGAPS e ao activista, que estará na praza do Obradoiro ata as 10.00 horas do martes para visibilizar a protesta.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para dar conta das cacharelas de San Xoán.

13.30 h
Na Casa do Concello, Xunta de voceiros. Declaracións ao remate.

Compartir: