Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de abril

9.30 h
Na Cidade da Cultura, apertura da sétima edición de Getting Contacts. Asiste a concelleira de Comercio, Reyes Leis.

10.00 h
Na Aula Magna da Hospedería de San Martiño Pinario, o alcalde compostelán, Agustín Hernández, asiste ao acto institucional de apertura das XIV Xornadas nacionais de Lares-Acolle (Federación de residencias e servizos de atención aos maiores e Asociación galega de residencias de anciáns de iniciativa social).

10.15 h
No CEIP Monte dos Postes, a concelleira de Educación, Maite Cancelo, xunto cos alumnos do centro, dará lectura a fragmentos do Códice Calixtino, con motivo do Día do Libro.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Romeo e Xulieta’ coa Real Filharmonía de Galicia e Per Poc Títeres. Dentro do Programa Escolar.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar o Campionato de España de Enduro, que se vai celebrar o venres 24, sábado 25 e domingo 26 en Santiago.

20.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe aos participantes nas XIV Xornadas nacionais de Lares-Acolle.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de ‘In Memoriam’, da compañía O retrete de Dorian Gray. Protagonizada por Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido e dirixida por Xron. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
No Salón Teatro, o Teatro Nacional de Catalunya, o Centro Dramático Galego e Catro Cadeiras presentan ‘Ganas de ouvear’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
No Teatro Principal, Irene Aranda Trío graban ao vivo o seu novo disco, ‘Tribus’, dentro do ciclo Sons’15.

Compartir: