Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de febreiro

11.00 h
No salón verde, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o reitor da USC, Juan Viaño, asina o protocolo entre a USC e o Concello que fixa as condicións de modificación da ordenanza OE-5 para xestionar o alleamento na parcela de titularidade universitaria coñecida como Hospital Provincial de Galeras.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Jose Víctor Carou, para presentar a programación en Santiago do VIII Ciclo de Jazz 1906. Na rolda estarán tamén o director artístico do ciclo, Carlos López, e o Brand Manager de 1906, Santiago Miguélez.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, para presentar o programa de actividades da Concellería.

12.00 h
En Burgos (no Palacio de Congresos), a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, recolle o galardón que distingue a Santiago como "Cidade da ciencia e a innovación 2014", que concede o Ministerio de Economía.

21.00 h
No Teatro Principal, a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela presenta ‘A historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet’ dentro do Festival Internacional de Teatro Universitario.

Pista de xeo
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: