Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 8 de febreiro

11.00 h a 21.00 h
No Palacio de Congresos, II Feira de Antigüidades.

12.30 h
No Teatro Principal, ‘Contos e aventuras’, programa da Banda Municipal de Música. Dirixida por Juan Miguel Romero LLopis e con Paula Carballeira de narradora. Dentro do ciclo Infantil&Familiar.

13.00 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais, concerto dos alumnos do curso de Especialización Orquestral dentro dos ciclos Novas Orquestras e A Escola na Cidade.

18.30 h
No Pavillón municipal de Santa Isabel, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á entrega de trofeos do VII Trofeo de Judo Cidade de Santiago.

19.30 h
Na Zona C, Producións Dispersas presenta ‘Falándolle a un espello' con Diego Freire baixo a dirección de José Campanari. Enmarcada dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Pista de xeo
11.00 a 14.00 h e 16.30 h a 22.00 h.

Compartir: