Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 6 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Contos e aventuras’, programa escolar da Banda Municipal de Música. Dirixida por Juan Miguel Romero LLopis e con Paula Carballeira de narradora.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar A COPA DE ESPAÑA INFANTIL DE JUDO E O CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR DE JUDO, competicións que se desenvolverán esta fin de semana en Santiago, no Pavillón Municipal de Santa Isabel. Na rolda tamén estarán Javier Rial, presidente do Compostela Judo Club, e Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta do goberno local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Bernardino Rama, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita as obras que se están a levar a cabo en San Martiño Pinario xunto co conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez.

17.00 a 21.00 h
No Palacio de Congresos, II Feira de Antigüidades. Asiste a concelleira de Turismo, Reyes Leis.

19.00 h
No salón nobre do Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste aos actos con motivo da festividade de San Raimundo de Peñafort.

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta ‘Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro’. Con Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira baixo a dirección de Quico Cadaval. Enmarcada dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
Na Zona C, Producións Dispersas presenta ‘Falándolle a un espello' con Diego Freire baixo a dirección de José Campanari. Enmarcada dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixida por Clemens Schuldt e con Lucas Macías, óboe. .

Pista de xeo
11.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 16.30 h a 22.00 h. Sesión nocturna de 23.00 a 2.00 h.

Compartir: