Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de febreiro

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a Comisión executiva da devandita entidade. Declaracións ao remate. (11.00 h aprox.)

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Contos e aventuras’, programa escolar da Banda Municipal de Música. Dirixida por Juan Miguel Romero LLopis e con Paula Carballeira de narradora.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafa Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Nas Fontiñas, a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, visita varias rúas onde se están a levar a cabo obras de mantemento. Punto de encontro: esquina das rúas Viena con Londres.

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta ‘Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro’. Con Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira baixo a dirección de Quico Cadaval. Enmarcada dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
Na Zona C, Producións Dispersas presenta ‘Falándolle a un espello' con Diego Freire baixo a dirección de José Campanari. Enmarcada dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Juan Zelada que presenta o seu novo disco ‘Back on track’, dentro do ciclo Blues Nite by 1906.

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: