Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de febreiro

9.00 h
No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o evento empresarial "100 consellos para o 2015".

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asina coa directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o convenio marco de colaboración para compartir as infraestruturas de telecomunicacións. Declaracións ao remate.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Urbanos Sostible, Teresa Gutiérrez, para presentar o proxecto de reurbanización da praza do Matadoiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar a Feira de Antigüidades, que se desenvolverá no Palacio de Congresos esta fin de semana.

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta ‘Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro’. Con Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira baixo a dirección de Quico Cadaval. Enmarcada dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
Na Zona C, Producións Dispersas presenta ‘Falándolle a un espello' con Diego Freire baixo a dirección de José Campanari. Enmarcada dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: