Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de febreiro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, o crítico de hoteis Fernando Gallardo, e o responsable de Compostela Boutique Hotels, José Antonio Liñares, para presentar o seminario "Millenials e a economía colaborativa do turismo", que terá lugar en Santiago o 24 de febreiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, para presentar o xogo histórico FILLOS DO TRONO, que se desenvolverá polas rúas de Compostela o sábado 28 de marzo.

12.30 h
En Sar, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao concerto que a Banda Municipal de Música ofrece con motivo da Festividade de San Blas.

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: