Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de febreiro

10.30 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Agustín Hernández, preside o acto de homenaxe a Rosalía Castro con motivo do aniversario do nacemento da poeta.
Punto de encontro: estatua de Rosalía de Castro (diante da escalinata do Campus).

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, xornada "Millennials e o impacto da economía colaborativa no turismo", impartida polo xornalista, escritor, analista de tendencias e novos conceptos no turismo, ademais do crítico de hoteis do xornal "El País" dende 1987, Fernando Gallardo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar os premios do comercio compostelán Santiago Comercio de Cine.

13.00 h
No CEIP Ramón Cabanillas, a concelleira de Educación, Maite Cancelo, asiste á sesión didáctica da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela "Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM".

Compartir: