Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións infomativas para o luns 23 de febreiro

9.30 h
No Hotel AC Palacio del Carmen, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura o foro Smart City: Santiago Cidade Intelixente, organizado por El Correo Gallego.

9.30 e 11.30 h
No Teatro Principal, ‘No hay burlas con el amor’ de Calderón de la Barca dentro do Programa Escolar.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá, José Rosende, para presentar o programa Imos coa asociación.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, para presentar a actividade de Multiaventura.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e o director da Banda Municipal de Música, Juan Miguel Romero Llopis, para presentar a gala lírica Voces de Zarzuela, que ofrece a Banda o domingo 1 de marzo no Teatro Principal.

Compartir: