Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións infomativas para o xoves 19 de febreiro

11.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asina un convenio de colaboración co director xeral de Gas Galicia, Roger Serrat, para a construción das instalacións de distribución de gas no SUNP-11 do Castiñeiriño. SÓ GRÁFICOS.

11.30 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita as obras do SUNP-11 do Castiñeiriño. Punto de encontro: parte traseira da igrexa do Castiñeiriño. Declaracións ao remate.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do sindicato CSIF no Concello.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Festas, María Antón, para presentar o programa da Semana Santa 2015.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade, Agustín Hernández, inaugura a mostra ‘Leopoldo Nóvoa. Papeis e Cartóns’. Ao acto asistirán tamén a concelleira de Cultura, María Antón; a viúva do artista, Susana Carlson; a comisaria da exposición, Mercedes Rozas; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.

20.30 h
No Teatro Principal, Eme2 Producións presenta ‘O Crédito’, protagonizada por Pedro Alonso e Antonio Durán "Morris" e dirixida por Fernando Bernués. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
Na Zona C, ButacaZero presenta ‘Supermarket’ con Esther F. Carrodeguas e dirixida por Xavier Castiñeira. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Compartir: