Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións infomativas para o mércores 18 de febreiro

12.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita as obras da fachada da Catedral xunto coa directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez; o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén, e o xerente da Catedral, Daniel Lorenzo.
NOTA: Por motivos de organización, os medios non poderán acceder á visita. As imaxes de televisión serán facilitadas pola TVG e as fotografías polo Gabinete de Comunicación do Concello.
Os medios que desexen acceder ao punto de encontro onde se van realizar as declaracións deberán estar na praza do Obradoiro (á altura da torre norte) ás 12.40 h.

20.30 h
No Teatro Principal, Eme2 Producións presenta ‘O Crédito’, protagonizada por Pedro Alonso e Antonio Durán "Morris" e dirixida por Fernando Bernués. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

ENTROIDO 2015
20.00 h
ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Entroido desde a praza do Toural ata a praza Roxa facendo o percorrido seguinte: rúa Nova, rúa do Vilar, rúa da Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador, para rematar na praza Roxa.
Coa participación da comparsa A RULIÑA de Laraño.
Prégase aos acompañantes que vistan de rigoroso loito para a ocasión.
21.00 h.
QUEIMA DO MECO e animación a cargo de NI FÚ NI FA.
Acompañamento: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO.
Praza Roxa.

Compartir: