Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 14 de febreiro

21.00 h
No Teatro Principal, Teatrubi da Universidade de Covilha (Portugal) presenta Diagnóstico: Desgusto Patolóxico no Festival Internacional de Teatro Universitario.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de The James Hunter Six e The Limboos no ciclo Sons’15.

ENTROIDO 2015
20.00 h
Na praza de Cervantes, concentración e desfile do Meco co seguinte percorrido: rúa do Preguntoiro, rúa do Castro, praza da Universiade, Cardenal Payá, rúa Nova, rúa Xelmírez, rúa do Vilar e praza do Toural.
Animación a cargo das comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño.
20.30 h
Na praza do Toural, subida do Merco aos balcóns do Pazo de Bendaña.
Pregón e animación a cargo de Fantoches Baj.

Pista de xeo
11.00 a 14.00 h e 16.30 h a 22.00 h. Sesión nocturna de 23.00 a 2.00 h.

Compartir: