Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 13 de febreiro

11.00 h
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, visita as obras de limpeza de cunetas na parroquia de Aríns. Punto de encontro: Centro Sociocultural de Aríns, na rúa de San Martiño número 16.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, para presentar a nova app Proxecto Apparcar.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva (SÓ GRÁFICOS). Declaracións ao remate (13:00 h aprox.).

20.30 h
Na Zona C, nenoescuro presenta a performance sonoro-visual Fragmentos do desterro dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
No Auditorio Abanca, De mutuo desacuerdo, con Iñaki MIramón e Toni Acosta, dentro do programa Teatro 2015.

21.00 h
No Teatro Principal, a Escuela Superior de Arte Dramático de Murcia presenta El fenómeno del mundo occidental dentro do Festival Internacional de Teatro Universitario.

Pista de xeo
11.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 16.30 h a 22.00 h. Sesión nocturna de 23.00 a 2.00 h.

Compartir: