Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local. Ao remate, presentará co concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, a campaña de fracionamento do IBI 2015.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, para presentar a obra O Crédito, que se representará do 18 ao 22 de febreiro no Teatro Principal dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Na rolda estarán tamén os protagonistas da obra, Pedro Alonso e Antonio Durán "Morris"; o director, Fernando Bernués; a produtora, Mercedes Castro; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.15 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Conversando con… Jaime Martín.

20.30 h
Na Zona C, nenoescuro presenta a performance sonoro-visual Fragmentos do desterro dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jaime Martín. .

21.00 h
No Teatro Principal, o Théâtre Universitaire Royal de Liège (Bélxica) presenta Communication à une académie dentro do Festival Internacional de Teatro Universitario.

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: