Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de febreiro

9.00 h
No Hotel Hesperia Peregrino, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á inauguración da II Xornada de Eficiencia na Industria. (SÓ GRÁFICOS).

11.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presiden a Xunta local de seguridade. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate no Salón Vermello (12.30 h, aprox).

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do sindicato CIG no Concello sobre a execución da sentenza do cadro de persoal de 2011.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Salón Teatro, a CTB Companhía de Teatro de Braga presenta ‘Um Picasso’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
No Teatro Principal, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia presenta ‘De catro a catro. Follas sin data d’un diario d’abordo’ dentro do Festival Internacional de Teatro Universitario.

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: