Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de febreiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Servizos Sociais, María Corral, para presentar a campaña con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 marzo.

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Festas, María Antón, para presentar o Entroido 2015.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a II Gala do Deporte de Santiago 2014. Asiste a concelleira de Deportes, María Corral.

21.00 h
No Teatro Principal, a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela presenta ‘A historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet’ dentro do Festival Internacional de Teatro Universitario.

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: