Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 8 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para facer balance das actividades de Nadal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Infantil&Familiar de xaneiro a marzo.

20.00 h
No Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na inauguración da exposición "Compostela, un ano de Voz" 2014.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste e Tranvía Teatro presentan ‘Selección Natural’ de Lola Correa. Con Luma Gómez e Cristina Sánchez baixo a dirección de Eduardo Alonso. Dentro do Bono de Teatro Galego (e Portugués).

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Neuman que presenta o seu novo disco ‘If’, dentro do ciclo Compostela Rock.

Pista de xeo
11.00 a 14.00 h e 16.30 h a 22.00 h.
Mercado da Quintana
O Carrusel permanecerá na praza ata o domingo 11.

Compartir: