Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 30 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, María Antón, e do concelleiro de Participación Cidadá, José Rosende, para presentar o programa "Imos ó baile". A concelleira tamén presentará o programa de Centros Socioculturais "Imos de excursión".

11.45 h
Na Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños, a concelleira de Educación, Maite Cancelo, asiste á celebración do Día escolar da non violencia e da paz.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria urxente do día 19 de decembro de 2014 (núm. 18/14).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 26 de decembro de 2014 (núm. 19/14).
3. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria urxente do día 5 de xaneiro de 2015 (núm. 1/15).
4. Toma de posesión do concelleiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Don Álvaro González Álvarez.
5. Aprobación definitiva do plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha (PE-7R).
6. Aprobación provisional da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) relativa ao incremento de densidade dos solos urbanizables non delimitados (SUND).
7. Aprobación definitiva da declaración de necesaria ocupación de bens para a execución do proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade do barrio de Vista Alegre.
8. Aprobación de Protocolo entre a USC e o Concello de Santiago de Compostela que fixe as condicións de modificación da ordenanza OE-5, a redactar polo concello en base ás propostas acordadas coa USC para xestionar o alleamento de parcela de titularidade universitaria coñecida como Hospital Provincial.
9. Ratificación do catálogo de condicións que rexerán na xestión compartida da promoción turística conxunta dos concellos da área de Santiago.
10. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre o cumprimento dos requisitos marcados pola Lei de Transparencia.
11. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno, relativo á delegación de competencias.
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía de delegacións.
13. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Salón Teatro, Elefante Elegante presenta ‘Kassa’ dirixida por María Torres & Gonçalo Guerreiro. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Pista de xeo
11.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 16.30 h a 22.00 h. Sesión nocturna de 23.00 a 2.00 h.

Compartir: