Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de xaneiro

FITUR
10.00 h
No Pavillón de Andalucía, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
11.30 h
No stand de Turgalicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a presentación de Área Santiago Turismo. Intervirán tamén os alcaldes de Silleda, O Pino e Vedra.
12.00 h
No stand de Turgalicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a presentación do proxecto Santiago Past View e de Compostela Gastronómica.
13.30 h
No stand de Iberia, Agustín Hernández participa na sinatura do convenio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España con Iberia.
14.00 h
No stand de Turespaña, Agustín Hernández participa na sinatura do convenio entre o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e Turespaña.

11.00 h
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, visita a rúa Teo.
Punto de encontro: Bar A Barraca (rúa de Touro, nº3, esquina con rúa Teo).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Museo Fundación Eugenio Granell, a concelleira María Jesús Sáinz asiste á inauguración das exposicións Granell y la palabra e Colección Surrealista de Granell.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Guillermo Pastrana.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e con Guillermo Pastrana, violoncello.
Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: