Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de xaneiro

9.30 h
Na sede de Proxecto Home (rúa Cottolengo), a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asiste á inauguración das xornadas "Entender, previr, tratar", no marco do XXV aniversario da entidade.

11.15 h
Na Almáciga, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes. Punto de encontro: C.E.I.P. Apóstolo Santiago (Rúa Betanzos, 55).

FITUR
12.00 h
No stand de Galicia en Fitur (Recinto Feiral Xoán Carlos I, pavillón 9. Sala de audiovisuais), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á presentación da oferta turística da Deputación da Coruña en Fitur e á presentación da publicación "Camiño Inglés". Ás 12.30 h, asiste á recepción que con motivo de Fitur 2015 ofrece o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar os vindeiros eventos do Bono de Teatro Galego que teremos na Zona C. Na rolda estarán tamén os protagonistas deses espectáculos: Diego Freire, Rafa Janeiro "nenoescuro", Esther F. Carrodeguas e Antón Coucheiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar a II Gala do Deporte de Santiago 2014.

21.00 h
Na Fundación SGAE, concerto de Vessel e Atilla dentro do ciclo Compostela Rock.

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: