Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de xaneiro

10.00 h
No Teatro Principal, La Bohème Téatre presenta ‘Le tour du monde en 80 jours’ dentro do Programa Didáctico.

12.00 h
Na Aula Gastronómica da Praza de Abastos, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para presentar o Entroido Tradicional dos Xenerais da Ulla 2015, Festa de Interese Turístico de Galicia. Asisten os alcaldes de Silleda, Manuel Cuíña; Touro, Ignacio Codesido; Vedra, Carlos Martínez; e Vila de Cruces, Jesús Otero Varela; os tenentes de alcalde da Estrada e de Boqueixón, Juan Constenla e Manuel Mouriño, e o concelleiro de Turismo de Teo, Anxo Rey.

12.00 h
No Teatro Principal, La Bohème Téatre presenta ‘Les femmes savantes’ dentro do Programa Didáctico.

12.00 h
En Lugo (Aula magna da facultade de Administración e Dirección de Empresas), a concelleira Maite Cancelo asiste ao acto académico organizado pola USC con motivo da festividade de Santo Tomé de Aquino, patrón da Universidade.

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: