Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta do goberno local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafa Vilar.

12.00 h
No Salón de Actos da Facultade de Dereito, a concelleira de Educación, Maite Cancelo, asiste ao tradicional acto académico en honor de San Raimundo de Peñafort, patrón da Facultade.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Víctor Aneiros, Pardo e Piti Sanz dentro do ciclo Blues Nite by 1906.

Pista de xeo
11.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 16.30 h a 22.00 h. Sesión nocturna de 23.00 a 2.00 h.

Compartir: