Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 15 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Blues Nite by 1906 de xaneiro a maio.

12.30 h
Na estación de autobuses, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita as obras de mellora realizadas na devandita instalación, acompañado pola directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas.
Punto de encontro: porta principal.

20.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, a concelleira de Centros Socioculturais, Maria Antón, inaugura a exposición "ESPAZOS COMPARTIDOS. CINES E VIDAS", que pecha a programación de Compostela Cine Classics. Tamén entregará o premio á fotografía seleccionada polo xurado do concurso.

20.30 h
No Auditorio Abanca, ‘En el estanque dorado’ de Ernst Thompson. Con Lola Herrera, Héctor Alterio, Luz Valdenebro, Camilo Rodríguez e Adrián Laman, dirixidos por Magüi Mira. Dentro do ciclo de Teatro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, enmarcado no Programa de Abono, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Christoph König e con Anna Vinnitskaya, piano. Interpretan obras de Bartók, Shostakovich e Schubert.

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: