Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de setembro

9.00 h
Na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao obradoiro Tradición + innovación = vangarda, do cociñeiro Mario Sandoval (Premio Nacional de Gastronomía 2013). SÓ GRÁFICOS.

10.00 h
Na Casa do Concello (Alcaldía), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe o embaixador británico, Simon Manley. SÓ GRÁFICOS.

10.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para informar dos asuntos do pleno ordinario que se celebrará en Raxoi o vindeiro xoves.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e o brand manager de 1906, Juan Paz, para presentar a programación do ciclo Blues Nite by 1906.

12.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á inauguración do VII Encontro Internacional de Biotecnoloxía, BioSpain 2014.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mar Martín, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, María Corral, para presentar o programa de actividades formativas do Departamento.

13.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á entrega dun vehículo por parte da Fundación Carrefour ao Banco de Alimentos de Santiago.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de Despois do tranvía, dirixida por Carlos Neira, dentro do Bono do Teatro Galego.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Pardo, que presenta o seu novo disco, Waitin'to the other side, dentro do ciclo Blues Nite by 1906.

21.00 h
No Teatro Principal, Malasombra Producións presenta D.E.P., de Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez, dentro do Bono do Teatro Galego.

Compostela Gastronómica
9.00 h
Tradición + innovación = vangarda, Mario Sandoval.
10.30 h
O papel do aceite no polbo, Firo Vázquez.
12.00 h
Escaparate gastronómico Área Santiago. Padrón: Pemento de Herbón, Alejandro Rivera Jr.; Oroso: Empanada de troita e pan, Carlos Mosquera Noya; Touro: Queixo D.O.P Arzúa-Ulloa e filloas, Benito e Elena Vázquez.
16.30 h
Tapa galega renovada, Héctor López.
18.00 h
Paixón polo noso traballo, Beatriz Sotelo.

Compartir: