Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de agosto

12.00 h
Na Casa do Concello (Salón Verde), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinan o convenio para as obras de reurbanización da rúa da Carreira do Conde.

13.30 h
Na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presenta Compostela Gastronómica. I Festival da Cociña Galega. Tamén asisten a concelleira de Turismo, Reyes Leis, e o presidente da Cooperativa do Mercado de Abastos, José Ramón del Río.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

19:30 h
No Estadio Multiúsos de San Lázaro, a concelleira de Deportes, María José Corral, asiste ao XXXI Trofeo Manolo Martín, que disputarán a S.D. Compostela e o Real Madrid B.

19.30 h
Verán na rúa
Na praza de San Martiño Pinario, Barafunda presenta Pepiña Maruxiña quere voar. Contacontos/Teatro. Espectáculo familiar, de 2 a 8 anos. Entrada libre.

Compartir: