Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de agosto

10.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, comeza a rolda de visita ás obras realizadas en varios centros escolares. Estará acompañado pola concelleira de Educación, María José Corral. O percorrido será o seguinte: CEIP Vite (10.00 h), CEIP Lamas de Abade (10:45 h) e Escola Infantil de Conxo (11:30 h). As declaracións realizaranse ao remate desta última visita.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
Verán na rúa
Na praza da Quintana, Rastafarudi, clown con Rudi Rudi (Bélxica), para todos os públicos. Entrada libre.

NOTA: O espectáculo previsto para hoxe mércores na praza da Quintana ás 22:00 horas (Ytuquepintas, Soños de area), será trasladado en caso de choiva á Zona C (Bonaval).

Compartir: