Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 19 de agosto

11.00 h
No Albergue de Xoán XXIII (rúa Castiñeiros, s/n), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asina dous convenios de colaboración co director da Asociación-Centro Cultural Xoán XXIII, Francisco J. Castro Miramontes.

12.00 h
No establecemento Star Center (Polígono da Costa Vella), a concelleira de Deportes, María José Corral, asiste á presentación do II Desafío Star Center, trofeo de fútbol sala que se celebrará en Santiago os días 29 e 30 de agosto.

22.00 h
Verán na rúa
Na praza da Quintana, Alas Circo representa Amada & Amador: encontro na lúa. Circo, acrobacias aéreas e música. Todos os públicos. Entrada libre.

Compartir: