Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de agosto

10.30 h
Na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Vía Edison, 1), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reúnese coa directiva da Asociación. (SÓ GRÁFICOS). Declaracións ao remate (11:30 horas, aproximadamente)

13.00 h
Na Concellería de Servizos Sociais (Isaac Díaz Pardo, 2-4 - Galeras), a concelleira de Servizos Sociais, María José Corral, asina un convenio coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os participantes no LVII Curso Universitario Internacional Música en Compostela.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os participantes no XXV Rally Teresa Herrera de vehículos históricos, con parada na praza do Obradoiro.

19.30 h
Verán na rúa
Na praza da Quintana, Next player, equilibrios e acrobacias para todos os públicos coa compañía Acrópatas. Entrada libre.

AVISO: Por mor da choiva, O Retrete de Dorian Gray realizará as funcións previstas para hoxe martes de Ne me quitte pas nos soportais do Museo das Peregrinacións e de Santiago (antigo edificio do Banco de España), na praza das Praterías.

Compartir: