Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de agosto

11.30 h
No Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (praza San Juan de la Cruz s/n, Madrid), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reúnese co secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos, para analizar a obra da nova depuradora do Souto. DECLARACIÓNS AO REMATE.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello (Salón Verde), a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asina os convenios de colaboración coas seguintes entidades: Aspas, Itínera, Don Bosco, Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Aspanaes e Agal. Súmanse aos asinados na xornada do xoves con Agadea, Fonte da Virxe, Fundación Andrea, San Vicente de Paúl, Secretariado Xitano, Sarela, Cruz Vermella, Banco de Alimentos e Feafes.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Festas, María Antón, e de Turismo, Reyes Leis, para valorar as Festas do Apóstolo 2014.

19.30 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago (Praza das Praterías), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura a exposición de Miguelanxo Prado "Mar Interior".

Compartir: