Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de xullo

9.00 h
Na Capela de Urbanismo, Comisión Asesora do Patrimonio Histórico. Enviarase nota.

11.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visita a segunda fase das obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade do barrio de Vista Alegre. Punto de encontro: praciña do cruceiro, en fronte do local da Asociación de Veciños Álvaro Cunqueiro (rúa Bispo Diego Peláez).

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

16.00 h
En Osaka (Xapón), a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reúnese con touroperadores xaponeses. Posteriormente, ás 19.00 h, recepción da delegación compostelá por parte das autoridades da cidade de Tanabe.

20.30h
Via Stellae
No Teatro Principal, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Iván Martín ao piano e dirixindo Bach,concertos para clave.

Compartir: