Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 30 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos do pleno ordinario que se celebra en Raxoi o xoves, 31 de xullo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
Verán na rúa
Na Praza de San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis con Fantoches Baj, baixo o título de 'As pombas de Carboeiro'. É a primeira das actividades de verán na rúa. Entrada libre.

20.00 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro de Relacións Institucionais, Ángel Currás, inaugura a exposición 'O Poder' do escultor Ramón Conde. A continuación, farase o percorrido ata a praza de Praterías. A colección está formada por unha decena de obras en torno á forza e a superación.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro do programa das Festas do Apóstolo.

FESTAS DO APÓSTOLO
19.30 h
Praza de San Martiño Pinario
Fantoches Baj + Banda Municipal de Música
As pombas de Carboeiro.

21.00 h
Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia
Concerto SON(UT)OPÍAS (Universidade de Santiago)
Paul Daniel, director; Haruna Takebe, piano
PROGRAMA:
Toshio Hosakawa, Meditation to the victims of tsunami W. Amadeus Mozart, Concerto para piano nº 23 en La maior, KV488 (2º mov)
Toshio Hosokawa, Lotus under the moonlight (Homage à Mozart).

22.00 h
Praza da Quintana
Tinariwen en concerto + Narf Trío
Entrada libre ata completar aforo.

Compartir: