Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 18 de xullo

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

13.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe o xefe superior de Policía de Galicia, Eusebio Fraguas (SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota de prensa).

23.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa concelleira de Festas, María Antón, recibe o pregoeiro das Festas do Apóstolo 2014. A continuación, pregón a cargo de Iván Raña.

FESTAS DO APÓSTOLO 2014

Pasarrúas
21.00 h Atardecer no Gaiás Entrada libre
Orquestra de Cámara Galega
23.00 h Pazo de Raxoi
Pregón desde os balcóns a cargo de Iván Raña, Campión do mundo de triatlón
23.30 h Praza do Obradoiro Entrada libre
Gallaecia Big Band Gallaecia All Star
Coas voces de Sito Sedes, Paty Lesta, Sergio Zearreta e Luis Iglesias

Compartir: