Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 10 de xullo

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Reyes Leis, para presentar a Feira de Antigüidades que se desenvolverá en Santiago esta fin de semana.

20.00 h
No Eixo, con motivo da festas de San Cristovo, a Banda Municipal de Música ofrece un concerto dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.

20.30 h
Na Capela da Orde Terceira, concerto de Sergey Malov e Florian Birsak que presentan 'Vivaldi e a familia Bach' dentro do Festival Via Stellae.

NOTA: a rolda de prensa da Xunta de Goberno terá lugar o venres ás 12.30 h.

Compartir: