Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de xuño

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a Comisión executiva da devandita entidade. Ás 11.00 h aprox, declaracións aos medios.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou para presentar 'Demolición' que se poderá ver dentro do ciclo Teatro&Danza os días mércores 11 e xoves 12. Na rolda estarán tamén Cándido Pazó, autor e director do espectáculo; Artur Trillo, actor protagonista e director da compañía; e Toño Casais, actor protagonista.

12.00 h
No salón nobre de Fonseca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á toma de posesión do novo reitor, Juan Manuel Viaño Rey, e do seu equipo.

18.00 h
Na sala de prensa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, presenta os membros do novo goberno municipal.

Compartir: