Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 7 de xuño

12.00 h
Na Praza de San Martiño Pinario, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.

12.30 h
Na Facultade de Medicina, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de homenaxe ao persoal sanitario que prestou asistencia ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois, organizado polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña.

13.30 h
En Villestro, o concelleiro Luis Meijide asiste á celebración da XVIII romaría do Deporte de Villestro.

20.30 h
No Salón Teatro, Eme2 presenta 'Meu ben' de Elaine Murphy. Dirixida por Álvaro Lavín está enmarcada no ciclo Teatro&Danza.

Compartir: