Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 30 de xuño

11.30 h
No CSC de Santa Marta, a concelleira Reyes Leis visita as actividades de Vive o Verán. Posteriormente irá ao CSC de Conxo.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participan na gala final de Tapéate Compostela, na que os finalistas prepararán as súas tapas en directo e o xurado elixirá o gañador.

20.30 h
Via Stellae
No Teatro Principal, concerto de Xabier Sábata, contratenor e Vespres d'Arnadí, que presentan 'Nella terra in ciel...Haendel_arias para castrato' dentro do Festival Via Stellae.

Compartir: