Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 28 de xuño

10.00 h
En Úbeda e Baeza, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Asemblea Xeral Extraordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidad de España.
10,00 horas.- Salón de Plenos do Concello de Baeza
12,00 horas.- Salón de Plenos do Concello de Úbeda
Ao remate, ROLDA DE PRENSA.

Ás 10.00 h
No Hotel Puerta del Camino, inauguración das II Xornadas de Crianza Consciente e Coaching Familiar. Ás 16.15 h, charla co pediatra Carlos González.

A partir das 12.00 h
No Csc A Gracia, festa intercentros como remate das actividades do curso. Hai confirmada a participación de 85 nenos de distintas parroquias e barrios.

13.00 h
No patio de cristal do Hotel Monumento San Francisco, o concelleiro José María Rosende asiste ao acto de imposición das Medallas Castelao 2014.

13.30 h
No pavillón do Restollal, entrega de tofeos da Jamboree de Minibasket.

19.00
No pavillón de Fontiñas, entrega de trofeos I Open BJJ StockMMA, organizado polo ximansio CAMM.

20.00 h
No parque de Bonaval, concerto da Banda Municipal de Música e Odaiko dentro das festas de San Pedro.

20.30 h
En Pontepedriña, sardiñada da Asociación de Veciños Sandra Prego Rial.

22.00 h
En Marantes, sardiñada e churrascada da Asociación de Veciños Rego das Pedras.

20.30 h
Via Stellae
No CGAC, concerto de Nuno Aroso que presenta 'Materis/asperes... Experimentación: materias_percusión contemporánea' dentro do Festival Via Stellae.

Compartir: