Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 21 de xuño

A partir das 10.00 h
No pavillón de Vite, VI torneo Hóckei Compostela.

A partir das 10.00 h
No pavillón do Restollal, I Gala de Judo. Asiste o concelleiro José María Rosende.

11.00 h
No auditorio do colexio La Salle, a concelleira Reyes Leis clausura o XX Aniversario da rede de escolas infantís Cativos e fai entrega do primeiro premio ao labor de apoio á educación infantil, que se entrega ao portavoz do comité científico do proxecto educativo Voz Natura, José Antonio Díaz Núñez.

12.00 h
Na praza de Praterías, para conmemorar o día europeo da Música, a Concellería de Xuventude do Concello de Santiago, a través do seu programa Compostela Actúa, organiza unha actuación donde intervirán dúas das disciplinas que se traballan no programa: o grupo musical Instrumentals, formado por 5 mozos, e o grupo coral Glee Club, que conta con 25 participantes.

12.00 h
No Castelo da Rocha Forte, V Romería do Castelo da Rocha, con variedade de actividades e xogos.

20.30 h
Via Stellae 2014
En San Fiz de Solovio, José Hernández Pastor, contratenor; Manuel Minguillón, arquilaúde; e Calia Álvarez, viola da gamba; presentan 'il primo gran divo... baldassare Ferri', dentro do Via Stellae 2014.

20.30 h
Na sala Capitol, Compostela Reggae con Zamaramandi, Transilvanians, Natural Green e Meninos Carentes, dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Teatro Principal, Final de Improfigther 2014.

20.00 h
Segunda carreira da III edición de CorreSan: Ruta da Prata-Angrois.
Horarios: 19.15 h, carreira benxamín e alevín; 19.30 h, carreira infantil e cadete; 20.00 h, carreira xuvenil ata veteranos.

21.30 h
No CSC de Laraño, o concelleiro José María Rosende asiste á cacharela da asociación de veciños. Tamén a Villestro, Aríns, Marrozos e Pontepedriña.

Compartir: