Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de xuño

11.00 h
No Refuxio de animais de Bando, os alumnos do curso de perruquería equina e canina organizado pola UMAD realizarán as prácticas con varios cans para colaborar coa actividade da protectora e facilitar a adopción dos animais. Asiste a concelleira Reyes Leis.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello (salón verde), o alcalde compostelán, Ángel Currás, e familiares de Carlos Maside asinan o convenio de colaboración para a cesión temporal de obras de arte do legado Carlos Maside.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Reyes Leis para presentar as festas de San Xoán de Conxo.

20.30 h
Via Stellae 2014
No Convento de Santa Clara, inauguración do Vía Stellae con Resonet que presenta 'Povero Pellegrin_1214: a música na viaxe de san Francisco de Asís a Compostela'. Dirixidos por Fernando Reyes

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto do rapeiro ToteKing, organizado pola UMAD en colaboración coa Sala Capitol. Trátase dun concerto sen alcohol para o fomento dun ocio saudable entre a xuventude.

Compartir: