Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 19 de xuño

A partir das 8.30 h
No edificio Cersia, Xornadas formativas para profesionais sobre violencia de xénero, organizadas pola Área de Benestar Social do Concello: "XUSTIZA E FAMILIA. GARDA E CUSTODIA", a cargo de Roberto Soto Sola, xuíz titular do Xulgado de primeira instancia número 6 de Santiago.

A partir das 9.30 h
No Palacio de Congresos e Exposicións, terceira Conferencia de Comercio Electrónico de Galicia, CONECOM, que conta coa colaboración do Concello.
http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=11505&lg=gal

10.15 h
Na Alcaldía, Xunta de voceiros. SÓ GRÁFICOS.

10.45 h
Na rúa Xeneral Pardiñas (tramo comprendido entre Montero Ríos e República do Salvador), a concelleira de Comercio, Reyes Leis, inaugura o Paseo das Estrelas, dentro do programa Comercio de Cine, no que figura o nome dos comercios premiados.

De 12.00 a 23.30 h
Na Praza da Quintana, clausura do VII Ciclo de Jazz 1906 cun Maratón de Jazz galego '12 horas non-stop Jazz'. Con Ton Risco Trío, Machín Not Workin' Property, Rafa Fernández Trío, Alberto Vilas Quintet, Ángeles Dorrío, 2M14, Alejandro vargas Trío e Pablo castaño Quartet.

11.30 h
Na Aula Gastro-Cultural da Praza de Abastos de Santiago de Compostela, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación dunha nova edición da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2007.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.

20.00 h
No Local Social Coto da Nai, o concelleiro José María Rosende participa na charla de presentación do "Cinturón verde de Santiago. Plan de información e divulgación da potencialidade produtiva hortícola no contorno rural".

21.00 h
No Salón Teatro, Semifinal 2 de Improfigther 2014.

Compartir: