Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de xuño

9.00 h
Na Capela de Urbanismo, Comisión asesora do patrimonio histórico. Enviarase nota.

11.00 h
No Salón de actos da Consellería de Sanidade, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do Congreso de Biotecnoloxía BioSpain 2014.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os participantes do Proxecto Europeo Entrepreneur 2.0.

20.00 h
No Local Social A Unión, o concelleiro José María Rosende participa na charla sobre o "Cinturón verde de Santiago. Plan de información e divulgación da potencialidade produtiva hortícola no contorno rural".

Compartir: